Despois do seu paso polo Claustro e polo Consello de Goberno, o orzamento da Universidade para 2015 foi aprobado de xeito definitivo no pleno do Consello Social que este luns tivo lugar na Casa das Campás. Co voto favorable de todos os presentes, deuse luz verde a un orzamento que ascende a 165,2 millóns de euros e que vén marcado pola "importancia que outorga tanto á estabilidade" en materia económica como á "proxección" da institución académica, como destacou o presidente deste órgano, Ernesto Pedrosa, quen realizou unha avaliación “moi positiva” das contas. Do mesmo xeito, o reitor, Salustiano Mato, tamén se felicitou pola ratificación dun documento co que se trata de continuar nunha senda “de solvencia e boa saúde económica nestes tempos tan difíciles”.
29/12/2014