Convocatoria para enxeñeiros/as sénior de datos e de software no Concello de Ourense
O Concello de Ourense convoca 17 prazas para enxeñeiros/as sénior de datos e de software no Centro de Intelixencia Artificial. O Concello elaborará unha listaxe de persoas interesadas en incorporarse ao centro como funcionariado interino para desempeñar estes postos.
Requisitos
Posuír o título de Grao en Enxeñaría Informática, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría en Telecomunicacións, Física, Matemáticas, Matemáticas e Informática, Enxeñaría do Software, Enxeñaría de Ordenadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías para a Sociedade da Informacion, Estatística ou calquera outra titulación de grao que, atendendo ao seu contido curricular, permita acreditar os coñecementos técnicos para a realización das funcións do posto.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 abril o 2021.
Máis información aquí.