Persoas nun pasillo

Personas tituladas

Observatorio de Persoas Tituladas

A Universidade de Vigo, a través do Observatorio de Persoas Tituladas, quere seguir mantendo e promovendo vínculos con todos os seus egresados e egresadas á vez que favorecer a súa formación e a súa empregabilidade.

É un proxecto dirixido a crear unha rede de antigos estudantes na que poder ampliar as relacións persoais e profesionais e difundir a imaxe da nosa institución en todo o mundo.

Se estudaches na Universidade de Vigo, convidámoste a visitar a web do Observatorio de Persoas Tituladas e a sumarte á nosa rede de persoas tituladas!

Web do Observatorio de Persoas Tituladas

 

Feiras de emprego 

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade do Porto e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, organizan desde o ano 2016 a Feira Internacional do Emprego Universitario - Finde.U. A feira, aberta a estudantes e a persoas tituladas, conta cunha modalidade virtual que ten lugar no mes de abril a través da web e unha feira presencial en Vigo e en Porto no mes de outubro.

Máis información

 

Emprendemento

A través da Área de Emprego e Emprendemento, fomentamos a iniciativa emprendedora do noso estudantado e das persoas tituladas a través do programa INCUVI.

Queres emprender?

 

Formación continuada

Na Universidade de Vigo contamos con graos, másters, programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral.  Ademais, tes a oportunidade de seguir formándote a través do noso programa universitario de maiores, o cursos de posgrao e especialización así como os cursos de idiomas impartidos polo Centro de Linguas.  

Que estudar?