Secretaría General

Miguel Ángel Michinel Álvarez, secretario xeral

  

Catedrático de dereito internacional privado na Universidade de Vigo, a área de coñecemento que coordina nos campus de Ourense e de Vigo desde 1994. 

Doutor en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1995) e premio do Instituto Hispano-Luso-Americano de Dereito Internacional á mellor tese en dereito internacional privado (1996). A súa investigación especialízase en litigación internacional, arbitraxe de investimentos estranxeiros e dereito de autor internacional, entre outros campos.

Realizou estancias nos institutos Max-Planck e de Dereito Comparado de Múnic (Alemaña), na Freie-Universität de Berlín, na Université Panthéon-Assas Paris II (Francia) e na Western Australia University de Perth. 

Árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa desde 2011, foi vicedecano en dúas ocasións e decano da Facultade de Dereito; tamén dirixiu unha cátedra Jean Monnet sobre cooperación xurídica internacional. Actualmente, compaxina labores docentes e investigadoras con funcións de xestión, como secretario xeral da Universidade de Vigo desde xuño de 2018.

  • Óscar Veloso Fernández
    Director de Área de Tratamiento de Datos Personales y Asuntos Generales
    +34  699 571 150 (extensión para uso interno: 43688)
    oveloso@uvigo.gal

 

Agenda

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo  
+34 986 813 614
sxeral@uvigo.gal