Oferta de Emprego de CITMAga de 8 contratos para investigadores/as colaboradores/as dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a Industria”
Denominación do proxecto
8 contratos como investigadores/as colaboradores no marco do programa propio do CITMAga na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”
Referencia
CITMAga-OT-18/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador/a colaborador/a.
Funcións
Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria.
Perfís requeridos
Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñería, informática ou afín.
Valoración de requisitos e méritos
- Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
- Coñecementos de inglés.
- Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
- Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab etc.)
- Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.
Características do posto
- Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
Información e solicitudes
Prazo de solicitudes aberto ata o 3 de xullo de 2022.
Máis información na seguinte ligazón.