Oferta de emprego de CITMAga para un contrato como investigador/a para o proxecto SisAl Pilot
Proxecto
Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot.
Referencia da oferta
CITMAga-OT-10/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SisAl Pilot concedido na convocatoria H2020-SC5-2019-2 coa temática CE-SC5-07-2018-2019-2020 - Raw materials innovation for the circular economy: sustainable processing, reuse, recycling and recovery schemes.
Perfís das candidaturas
Licenciatura, grao, enxeñaría ou mestrado relacionados coa informática, a enxeñería, as matemáticas e a física (ou similares).
Valoración de requisitos e de méritos
- Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
- Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, así como na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
- Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
- Coñecementos de inglés.
- Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) e en derivadas parciais.
- Coñecemento de modelos matemáticos en transferencia de calor e mecánica de fluídos.
- Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python etc.).
- Experiencia no uso de software de simulación numérica.
- Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.
Características da oferta
- Retribución bruta mensual: 1 862,62 € en 12 pagas
- Duración: 8 meses
- Xornada laboral: a xornada completo
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 19 de abril de 2022.
Máis información na seguinte ligazón.