Prácticas no Banco Central Europeo
O Banco Central Europeo puxo de novo en marcha varios períodos de prácticas.
Información xeral:
Bolsa: A bolsa de prácticas é de 1070 euros ao mes, máis unha asignación de aloxamento.
Tempo de traballo: A tempo completo
Lugar de traballo: Frankfurt am Main, Alemaña
Prácticas en Auditoría Interna
É imprescindible unha licenciatura ou ciclo superior en administración de empresas, economía, contabilidade, finanzas, sistemas de información, información/ciberseguridade, dereito ou algún outro campo relevante.
Data de peche de convocatoria 28/01/2022
Para máis información, preme no seguinte enlace.
Prácticas na Dirección Xeral de Infraestruturas de Mercado e Pagos - Asesoramento político
É imprescindible unha licenciatura ou ciclo superior en economía, administración de empresas, econometría, programación, informática, enxeñaría, finanzas, unha disciplina cuantitativa relacionada (por exemplo, matemáticas ou física), auditoría, comunicación, dereito (con especialización no ámbito dos mercados financeiros) ou un campo similar.
Data de peche de convocatoria 25/01/2022
Para máis información, preme no seguinte enlace.
Programa de prácticas de asistente de investigación para estudantes - Equipo de macrofinanzas de alta dirección
- Para un período de prácticas de doutoramento remunerado con 1940 euros é imprescindible un título de mestrado e polo menos dous anos de estudos de doutoramento en economía, estatística, finanzas, informática ou un campo relacionado.
- Para un período de prácticas remunerado con 1070 euros é imprescindible un título de grao ou ciclo superior en economía, estatística, finanzas, informática ou nun campo relacionado.
Data de peche de convocatoria 26/01/2022
Para máis información, preme no seguinte enlace.
Prácticas de Dereito na Biblioteca
É imprescindible unha licenciatura ou ciclo superior en dereito e/ou biblioteconomía.
Data de peche de convocatoria 26/01/2022
Para máis información, preme no seguinte enlace.