Prácticas formativas no Banco Central Europeo
O Banco Central Europeo ofrece a oportunidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos durante os estudos ao tempo que se adquire coñecemento sobre o que implica traballar en Europa.
Características das ofertas
- Contía: 1070 €/mes más dieta de aloxamento.
- Duración: entre 6 e 12 meses.
- Localidade: Frankfurt , Alemaña
Requisitos comúns das ofertas
- Posuír titulación universitaria relacionada coas finanzas, economía, contabilidade, estatística, informática ou disciplina afín.
- Bo coñecemento do paquete MS Office.
- Dominio avanzado (C1) do idioma inglés e dominio intermedio (B1) de ao menos outra lingua oficial da UE.
Prácticas en operacións de mercado
Requisitos
- Titulación universitaria relacionada coñecemento das estruturas do mercado financeiro, a evolución do mercado financeiro ou as operación de mercado.
- Experiencia nalgunha das seguintes linguaxes de programación e aplicacións: SQL, VBA, R, Python, Java, MATLAB, Stata, Tableau, Power BI, Bloomberg, KNIME e Refinitiv Eikon.
- Experiencia de traballo con datos complexos (preparación de análises e visualización de datos.
Máis información aquí.
Prácticas en Estatística e Ciencia de Datos
Valoración de coñecementos
- Coñecementos sobre estatísticas económicas, datos sobre mercados e instrumentos financeiros, normas internacionais de estatística, normas de contabilidade empresarial, normas de supervisión bancaria ou financeira.
- Familiaridade coa xestión de datos e metadatos e/ou con ferramentas de ciencia da datos e aprendizaxe automático utilizadas na xestión, análise, modelado e visualización de grandes conxuntos de datos.
- Familiaridade cun paquete de software estatístico ou matemático como Python, R ou SQK e/ou bases de datos relacionais (DB2 ou Oracle).
- Coñecementos de linguaxes de programación.
Máis información aquí.