Bolsas FormARTE en actividades culturais do Ministerio de Cultura
O Ministerio de Cultura convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 76 bolsas de formación e especialización para titulados/as universitarios/as en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O obxecto destas bolsas é contribuír á formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e biblioteconomía mediante un programa de actividades teórico-práctico.
-
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 12 bolsas.
-
Bolsas de Museoloxía: 16 bolsas.
-
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
-
Bolsas de Arquivística: 13 bolsas.
-
Bolsas de Xestión Cultural: 20 bolsas.
-
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.
A dotación das bolsas das modalidades 1, 2, 3, 4 e 5 será de 866 euros brutos mensuais e as bolsas de modalidade 6, que se desenvolveran no Colexio de España en París, será de 1800 euros brutos mensuais.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 30 de abril de 2019.