Curso iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con Wordpress
Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria.
Contidos
- Introdución e configuración básica de Wordpress: descarga e instalación inicial, opcións de dominios e aloxamentos, entorno de administración.
- Configuración de opcións xerais, ferramentas, permisos e axustes.
- Estrutura base do sistema: o editor de Wordpress 5.0: Gutenberg.
- Entradas, páxinas, medios, tipos de entradas personalizadas, widgets, menús.
- Plugins e personalización avanzada: implementación de plugins habituais (contacto, redes sociais, mailing, integracións con outros sistemas, seguridade).
- Personalización avanzada mediante o editor de Wordpress.
- Parámetros, adaptación a temas, formas de pago e envío, funcionalidades avanzadas.
Recoñecemento de créditos
Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas
Cando e onde
- O curso impartirase do 20 de febreiro ao 12 de marzo (20 horas)
- Na Sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo
- Os xoves en horario de 15.30 a 20.30 h.
Información e solicitudes
Prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2020.
Máis información e inscrición aquí.