Oferta de Emprego a xornada completa no ITMATI para o proxecto “Digital Transmission System Operator”
Ofértanse 2 contratos a templo completo como investigador/a para o proxecto “Digital Transmission System Operator”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
Onde e cando?
- No Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela
- A incorporación terá lugar en marzo e a data estimada de fin de obra está prevista para o 31 de decembro de 2020 (con posibilidade de ampliarse ata o 31 de decembro de 2021)
Dotación
- A retribución bruta mensual é un total de 1.750,00 € repartidos en 12 pagas
Requisitos
- Indispensable ter un grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutorado relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría ou a Informática
Méritos
- Valorarase o grao de afinidade das titulacións das candidaturas cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar)
- Valoraranse coñecementos e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos, técnicas de programación matemática, modelización matemática e optimización de redes enerxéticas, particularmente de redes de transporte de gas e redes eléctricas
- Valoranse coñecementos de inglés
- Valoraranse coñecementos e experiencia en programación matemática con APIs de solvers lineais (Gurobi, Google OR-Tools), linguaxes de modelado alxébrico (AMPL, Pyomo), programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Pytho, etc)
Información e solicitudes
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 9 de marzo de 2020 as 23:59 horas. A referencia da oferta é ITMATI-OT-03/2020.
Máis información aquí.