Para o estudantado de programas de doutoramento
Bolsas de mobilidade da Cátedra Feminismos 4.0
Ata o 12 de xullo
A Universidade de Vigo, xunto coa Deputación de Pontevedra, convoca unha serie de bolsas de mobilidade para o estudantado de programas de doutoramento. O obxectivo destas é facilitar as estadías de investigación con perspectiva de xénero que se realicen en centros de investigación tanto españois coma estranxeiros.
Requisitos
- Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso 2018/19.
- Realizar durante o curso 2018/2019 unha estadía en centros de investigación fóra de Galicia entre o 1 de xullo e o 30 de outubro de 2019, cunha duración máxima de 30 días.
- Contar co informe favorable das persoas directoras da tese.
Documentación
- Resumo (150 palabras) do traballo de investigación que se vai realizar en que se xustifique o seu interese.
- Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.
- Informe da dirección da tese de doutoramento que inclúa un breve resumo do traballo realizado ata o momento.
- De ser o caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Dotación
Destino | Manutención | Desprazamento |
Península Ibérica e Baleares | 20 € / día completo | 285 € |
Canarias | 20 € / día completo | 465 € |
Europa e hemisferio norteafricano | 30 € / día completo | 545 € |
Asia e Oceanía | 30 € / día completo | 1050 € |
Resto do mundo | 30 € / día completo | 800 € |
Aquí podes consultar a convocatoria completa.
Máis información
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.es