Seminarios TRANSFER4FUTURE

UVigo - Investigación 24/04/2024

A Oficina de I+D organiza unha serie de seminarios en liña no marco do proxecto Hei4Future sobre temas concretos e relevantes no mundo da transferencia enfocadas á comunidade investigadora e ao persoal xestor dos centros e grupos de investigación da Universidade de Vigo, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socio-económico.

Modalidade:

Virtual síncrona, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo

Programa: 

  • Por que transferir o coñecemento?
    9 de abril (1,5 horas)
  • A colaboración universidade-empresa
    16 de abril (1,5 horas)
  • A importancia da protección do coñecemento
    23 de abril (1,5 horas)
  • A valorización e as vías de explotación do coñecemento 
    30 de abril (1,5 horas)
  • Creación de empresas a partir dos resultados da investigación
    7 de maio: (1,5 horas)


Horario:

Os seminario terán lugar de  9:30 a 11:00 horas 

O proxecto HEI4FUTURE: 

HEI4Future é un proxecto europeo financiado pola HEI Initiative da EIT e coordinado pola UVigo que ten como obxectivos desenvolver capacidades emprendedoras e de innovación das persoas vinculadas ás HEI a través de procesos de co-deseño, innovación aberta e soft skills para convertir as capacidades tecnolóxicas individuais e colectivas en novas habilidades, para a xeración de novos produtos e servizos traballando con diferentes ecosistemas industriais. Para iso o proxecto conta cun amplo catálogo de actividades para a promoción do espíritu empresarial, como son os programas formativos para profesores e persoal educativo, estudantes, directivos e emprendedores; obradoiros para a creación de equipos e xeración de ideas e apoio directo a través de redes de mentores ou programas de mobilidade internacional.

Inscrición: 

A inscrición é de balde é pode realizarse a través da plataforma Bubela

Inscrición de balde en Bubela

 

Máis información:

Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal