Exposición ‘Formas e tránsitos’
Fecha de celebración:
8 de octubre de 2021 a las 12:00 21 de enero de 2022 a las 21:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de OurenseLugar
Campus de Ourense - Pabellon 1
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
De balde. No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Sala Alterarte do campus, no pavillón I
A Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Formas e tránsitos, da creadora Isabel Flores e curada por Sara Donoso. Nela, a artista propón ao público "unha viaxe intimista de elementos que se bifurcan e interfiren, onde a imaxe do azulexo da antiga casa familiar convive coa simplificación doutro motivo visto en Turquía". Isabel Flores compaxina nesta exposición "a intervención sobre muro coa disposición de varios panos serigrafiados en gasa que discorren lixeiros suspendidos do teito" e que obrigan a establecer un percorrido non lineal onde o corpo do espectador ou espectadora se activa como suxeito actuante.