Para a comunidade universitaria
IV Foro de Educación Faro Impulsa
Sorteo de 10 entradas
Resultados do sorteo
- Amparo Otero Alonso
- Rita Velasco Graña
- Sara Martínez Carrera
- Gustavo Peláez Lourido
- Ana Fernández Vilas
- Ana María Fernández Soneira
- Ángeles López Lozano
- Gonzalo Martínez Pardo
- Marta Cabeza Simó
- Sabela Díaz Bastida
A Universidade de Vigo sortea entre os membros da comunidade universitaria dez entradas para o IV Foro de Educación Faro Impulsa. Este terá lugar os días 25 e 26 de setembro no Auditorio Mar de Vigo.
Deseguido explicámosche como participar no sorteo:
- Envíanos unha mensaxe privada a través das redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram) cos seguintes datos: nome e apelidos, enderezo electrónico e centro de estudo ou de traballo na Universidade de Vigo e, no caso de gañares, o teu consentimento para publicar o teu nome
- Poderás participar ata o mércores 23 de setembro ás 14.00 h
- A mañá do xoves 24 de setembro a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron
- Co fin facilitar a xestión das entradas, comunicaráselle a Faro de Vigo os datos das persoas gañadoras
- Se es unha das persoas afortunadas recibirás a túa entrada no enderezo electrónico rexistrado
O programa e toda a información sobre o evento están dispoñibles na web https://www.faroimpulsa.es/
Protección de datos
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. Só se cederán a Faro de Vigo os datos das persoas gañadoras co fin facilitar a xestión das entradas e se publicarán os datos das persoas gañadoras que consentiron a publicación dos seus nomes nas redes sociais.
Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das dez entradas para o IV Foro de Educación Faro Impulsa e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.
A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.
Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra).
Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.
Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 744
viccom@uvigo.gal