Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mocidade española
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca os Programas de Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mocidade española.
Bolsas do Programa COOPERACIÓN
O obxectivo deste programa é conceder bolsas formativas en xestión da cooperación ao desenvolvemento, nas liñas de traballo que desenvolven as Oficinas Técnicas de Cooperación e Centros de Formación da AECID en América Latina, África, Oriente Medio e Filipinas.
Requisitos
- Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
- Idade non superior a 29 anos a día 31 de decembro de 2023.
- Posuír un título de mestrado ou de posgrao, oficial ou propio, de polo menos 60 créditos, en áreas afíns á cooperación ao desenvolvemento ou as relacións Internacionais.
- Coñecementos de idiomas
Duración do 1 de novembro de 2023 ao 31 de xullo de 2024.
Bolsas do Programa CULT
Bolsas de capacitación para mozos e mozas españois de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas e centros culturais de España.
O obxectivo deste programa é conceder bolsas formativas para as seguintes especialidades excluíntes entre si:
- Xestión cultural
- Diplomacia científica
Requisitos.
- Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
- Idade non superior a 27 anos a día 31 de decembro de 2023.
- Posuír un título de grao ou licenciatura, preferentemente en áreas afíns á xestión cultural e á diplomacia científica.
- Coñecementos de idiomas
Destinos
- Especialidade Xestión Cultural:
- Asia-Pacífico
- África e Oriente Medio
- Europa e América do Norte
- Reino Unido
- América Latina
- Especialidade Diplomacia Científica:
- Reino Unido
- Resto de destinos (consultar nas bases)
Bolsas do Programa COE
O obxectivo deste programa é a concesión de dez bolsas a mozos españois graduados para a realización dun mestrado nunha das seguintes especialidades/áreas de estudo ofertadas polo Colexio de Europa:
- Estudos Económicos Europeos (ECO) (Campus de Bruxas, Bélxica).
- Dereito Europeo (LAW) (Campus de Bruxas, Bélxica).
- Estudos Políticos e Gobernanza Europea (POL) (Campus de Bruxas, Bélxica).
- Relacións Internacionais e Estudos Diplomáticos (IRD) (Campus de Bruxas, Bélxica).
- Estudos Interdisciplinares Europeos (EIS) (Campus de Natolin, Polonia)
Requisitos
- Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
- Ser admitido para cursar o mestrado no Colexio de Europa, de acordo cos criterios de selección establecidos para o curso 2023/2024, cunha puntuación igual ou superior a 68.
- Idade non superior a 27 anos o 31 de decembro de 2023
Duración do 1 de setembro de 2023 ao 30 de xuño de 2024.
Prazos de solicitude
Programa COOPERACIÓN: do 4 de maio ao 19 de maio de 2023
Programa CULT: do 9 de maio ao 24 de maio de 2023
Programa COE: do 22 de maio ao 2 de xuño de 2023
Máis información aquí.