Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mocidade española

UVigo - Emprego 27/04/2023

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca os Programas de Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mocidade española.

Bolsas do Programa COOPERACIÓN 

O obxectivo deste programa é conceder bolsas formativas en xestión da cooperación ao desenvolvemento, nas liñas de traballo que desenvolven as Oficinas Técnicas de Cooperación e Centros de Formación da AECID en América Latina, África, Oriente Medio e Filipinas.

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
  • Idade non superior a 29 anos a día 31 de decembro de 2023.
  • Posuír un título de mestrado ou de posgrao, oficial ou propio, de polo menos 60 créditos, en áreas afíns á cooperación ao desenvolvemento ou as relacións Internacionais.
  • Coñecementos de idiomas

Duración do 1 de novembro de 2023 ao 31 de xullo de 2024.

 

Bolsas do Programa CULT

Bolsas de capacitación para mozos e mozas españois de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas e centros culturais de España.

O obxectivo deste programa é conceder bolsas formativas para as seguintes especialidades excluíntes entre si:

  • - Xestión cultural
  • - Diplomacia científica

Requisitos.

  • Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
  • Idade non superior a 27 anos a día 31 de decembro de 2023.
  • Posuír un título de grao ou licenciatura, preferentemente en áreas afíns á xestión cultural e á diplomacia científica.
  • Coñecementos de idiomas

Destinos

  • Especialidade Xestión Cultural:
    • Asia-Pacífico
    • África e Oriente Medio
    • Europa e América do Norte
    • Reino Unido
    • América Latina
  • Especialidade Diplomacia Científica:
    • Reino Unido
    • Resto de destinos (consultar nas bases)

 

Bolsas do Programa COE

O obxectivo deste programa é a concesión de dez bolsas a mozos españois graduados para a realización dun mestrado nunha das seguintes especialidades/áreas de estudo ofertadas polo Colexio de Europa:

  • Estudos Económicos Europeos (ECO) (Campus de Bruxas, Bélxica).
  • Dereito Europeo (LAW) (Campus de Bruxas, Bélxica).
  • Estudos Políticos e Gobernanza Europea (POL) (Campus de Bruxas, Bélxica).
  • Relacións Internacionais e Estudos Diplomáticos (IRD) (Campus de Bruxas, Bélxica).
  • Estudos Interdisciplinares Europeos (EIS) (Campus de Natolin, Polonia)

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española e estar en posesión do DNI.
  • Ser admitido para cursar o mestrado no Colexio de Europa, de acordo cos criterios de selección establecidos para o curso 2023/2024, cunha puntuación igual ou superior a 68.
  • Idade non superior a 27 anos o 31 de decembro de 2023

Duración do 1 de setembro de 2023 ao 30 de xuño de 2024.


Prazos de solicitude

Programa COOPERACIÓN: do 4 de maio ao 19 de maio de 2023
Programa CULT: do 9 de maio ao 24 de maio de 2023
Programa COE: do 22 de maio ao 2 de xuño de 2023

Máis información aquí.