Bolsa para mulleres economistas do Banco Central Europeo
O Banco Central Europeo (BCE) pon en marcha un programa de ata cinco bolsas dirixidas a mulleres que desexen estudar un mestrado en Economía en Europa para o curso académico 2020-21. Este programa forma parte das iniciativas do BCE para promover a diversidade e a igualdade de xénero nos bancos centrais.
Beneficios
- Unha subvención de 10 000 euros
- Unha visita de estudo ao Banco Central Europeo
- Información sobre a investigación económica de vangarda que realiza o BCE
- A oportunidade de coñecer a outras mulleres académicas e á rede de Mulleres en Liderado do BCE
- Asesoramento e orientación dun economista do BCE
Requisitos
- Ser cidadá da Unión Europea
- Ser muller
- Ter unha necesidade financeira para continuar estudando
- Ter unha nota media igual ou superior a 8.00 (en escala decimal de 0-10) nos estudos de pre-grao
- Pensar en inscribirte nun mestrado en economía nunha universidade ou escola de negocios europea
Inscrición e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de xuño de 2020.
Máis información aquí.