III Congreso Euroamericano de Dereito e Política
Fecha de celebración:
23 de abril de 2019 a las 10:00Dirigido a
Estudantes , Medios , PAS y PDIOrganiza
Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de VigoLugar
Edificio Politécnico s/n
32004 Ourense
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
De balde. No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito; Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación; e os directores do congreso e catedráticos Guillermo Suárez, pola Universidade de Vigo, e Edson Alvisi Neves, pola Universidade Federal Fluminense
O campus de Ourense acolle os días 23, 24 e 25 de abril o III Congreso Euroamericano de Dereito e Política. A cita, organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, en co-organización co Programa de Pós-Graduação em Direitos, Instituições e Negócios da Universidade Federal Fluminense de Río de Janeiro, reúne a arredor de 150 investigadores e investigadoras dun e doutro país. Nesta terceira edición o evento céntrase no estudo e análise das institucións xurídicas e políticas dos continentes americano e europeo, pondo unha énfase especial nos recursos que a empresa, como institución social, pode viabilizar para o desenvolvemento humano. A conferencia inaugural, que terá lugar ás 10.15 h, corre a cargo do maxistrado-xuíz e avogado Baltasar Garzón.