Secretaría Xeral

María José Bravo Bosch, secretaria xeral da Universidade de Vigo  

Licenciada en Dereito pola Universidad de Navarra e doutora en Dereito pola Universidade de Vigo, María José Bravo Bosch é profesora titular desde 1996.

Dirixiu catro teses doutorais e é autora de máis de cen artigos e capítulos de libro publicados en revistas internacionais de prestixio, en italiano, español, inglés e galego.

Visiting Professor das universidades de Messina e Cagliari (Italia) e de Fortaleza (Brasil), foi profesora por invitación no Corso di Alta Formazione da Sapienza Università di Roma e conferenciante en diversas universidades españolas, italianas, inglesas, portuguesas, gregas, belgas, alemás, austríacas, turcas e americanas.

É membro do comité científico de distintas revistas especializadas de carácter internacional e académica correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España.

Foi directora da Inspección de Servizos e mentora ética da Universidade de Vigo desde 2019 ata 2023.

  • A representación oficial da Universidade ante os poderes públicos en materia xudicial e administrativa.
  • A dependencia funcional da Asesoría Xurídica, actuando de canle a Secretaría Xeral para a petición dos informes xurídicos que apoien a actuación dos órganos colexiados e unipersoais, agás a Xerencia, que poderá solicitalos directamente en asuntos da súa competencia.
  • O impulso, a dirección e a coordinación da revisión e da actualización normativa.
  • A organización e a dirección dos rexistros e dos arquivos da Universidade.
  • A organización e a dirección do Servizo de Información, que se encargará da resolución de solicitudes realizadas a partir do dereito de acceso á información pública.
  • O impulso e a avaliación das actividades de implantación e desenvolvemento da administración electrónica, de acordo coa Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade.
  • A proposta de calendario escolar.
  • A sinatura de certificacións supletorias dos títulos propios.
  • A tramitación e a supervisión formal dos expedientes informativos e disciplinarios.
  • A supervisión formal dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
  • A xestión de convenios con outras institucións.
  • A sinatura das resolucións que autoricen ou deneguen as rectificacións das actas académicas.
  • A delegación da sinatura en resolucións reitorais polas cales se resolvan demandas de estudantes relacionadas coa súa actividade académica.
  • A organización e o control dos procesos electorais correspondentes aos órganos de goberno de carácter xeral.
  • A supervisión funcional das unidades administrativas correspondentes ás funcións antes descritas.

 
Axenda


Organización

Javier Novas Míguez
Secretaría
+34 986 813 614
segb1@uvigo.gal

 

 

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo  
+34 986 813 614
sxeral@uvigo.gal