
Persoas tituladas
Comunidade alumni-UVigo
A comunidade alumni-UVigo créase co obxectivo principal de xerar un novo espazo de comunicación, non só para manter activo o vínculo entre a Universidade de Vigo e as persoas tituladas e outros colectivos da institución, senón tamén para establecer sinerxías dentro do usuariado que faciliten o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Web da comunidade alumni-UVigo
Observatorio de Persoas Tituladas
O Observatorio de Persoas Tituladas realiza un seguimento das persoas tituladas a partir do estudo das súas traxectorias e da súa situación laboral. Deste xeito, a Universidade de Vigo dispón dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións.
Web do observatorio de persoas tituladas
Máis información:
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal