HRS4R

En 2017, a Comisión Europea recoñeceu a Universidade de Vigo coa acreditación HR Excellence in Research Award e tamén co Selo de excelencia.

 

Logotipo do selo HR

 


O recoñecemento HR Excellence in Research representa o noso compromiso para mellorar continuamente e facer progresos aliñando as nosas estratexias e políticas de recursos humanos cos 40 principios da Carta europea para o persoal investigador e do Código de conduta para a contratación de persoal investigador (a Carta e o Código).

 

A Carta e o Código (C&C) reúnen un conxunto de principios e exixencias xerais para o persoal investigador e tamén para as entidades empregadoras e/ou financiadoras. A súa implantación por parte das institucións de investigación vólveas máis atractivas para o persoal que busca un nova entidade empregadora ou para un anfitrión para o seu proxecto de investigación.

O programa HRS4R da CE apoia as institucións de investigación e as organizacións financiadoras na aplicación da Carta e o Código nas súas políticas e prácticas, co obxectivo de contribuír á consolidación dun Espazo Europeo de Investigación (ERA, European Research Area) unificado e aberto ao mundo, baseado nun mercado interior no que persoal investigador, coñecemento científico e tecnoloxía circulen libremente.

O Selo de excelencia é un prestixioso respaldo deseñado para apoiar a destacados solicitantes das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) cuxas propostas mostran un potencial excepcional pero que non poden ser financiadas co presuposto actual da CE.

 

A UVigo adquiriu o compromiso de implantar estes estándares en 2016. Un equipo multidisciplinar liderou un traballo de análise interna, con representantes dos órganos de goberno e de investigadores de todos os campos de coñecemento. Esta análise GAP resultou na identificación de áreas de mellora e na definición dunha estratexia de implantación dos principios da Carta e do Código personalizada (plan de acción 2017-2019). 

Durante a implantación deste plan de acción identificáronse novos obxectivos e áreas de mellora, como se reflexa no informe de revisión intermedia e no plan de acción revisado (2019-2022). A avaliación intermedia da CE en 2019 tivo un resultado favorable.

Agora, estamos traballando cara á cuarta fase do proceso implantando a estratexia e o plan de acción HR 2019-2022.

Consulta a documentación institucional asociada a este proceso:

A estratexia de contratación de persoal investigador ten como referencia os principios de selección e contratación abertas, transparentes, baseadas en méritos e internacionalmente comparables (OTM-R) definidos no código.

A Universidade recoñece a necesidade de que os centros de investigación e outras unidades de I+D+i estean en condicións de contratar persoal investigador do xeito máis áxil posible, á vez que se adhiren aos métodos de mellores prácticas de selección e contratactión consonte a lexislación vixente.

HR Research asiste e asesora tanto aos solicitantes como aos centros de investigación, unidades e servizos de I+D+i na contratación de persoal investigador.

  • Análise OTM-R
  • Política de OTM-R da UVigo aprobada no consello de goberno de 26 do decembro de 2023 GL | ES | EN


Contratación na UVigo

Se queres saber máis sobre o procedemento para a contratación do persoal investigador na Universidade de Vigo, preme aquí.

Accede a EURAXESS -Researchers in Motion- e EURAXESS Spain para atopar toda a información sobre os servizos de información e de soporte destinados ao persoal investigador.

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal

Selo HR
Edificio Filomena Dato
As Lagoas Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 325
selohr@uvigo.gal