Avaliación da actividade investigadora

A continuación ofrecémosvos información sobre os sistemas de avaliación para progresar na carreira investigadora.
 

Certificado R3 como investigador/a establecido

Convocatoria para valorar a carreira de investigadores/as nacionais e estranxeiros no marco dun itinerario posdoutoral de acceso ao sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación cumprindo co perfil europeo de persoal investigador establecido (R3), e obter a certificación R3.


Programa PEP (ANECA)

O Programa de avaliación do profesorado para a contratación (PEP) avalía as actividades docentes e investigadoras, e a formación académica (avaliación curricular) das persoas solicitantes para obter a acreditación para o acceso ás figuras de profesorado universitario laboral establecidas na LOSU.


Programa Academia (ANECA)

O Programa Academia, a través das súas comisións de acreditación, leva a cabo o proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de profesorado titular de universidade e catedrático de universidade (persoal funcionario).


Avaliación da actividade investigadora e de transferencia (sexenios)

A Comisión nacional avaliadora da actividade investigadora (CNEAI) realiza a avaliación da actividade investigadora e de transferencia do profesorado universitario e do persoal das escalas científicas dos organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado, co fin de que se lles recoñeza un complemento de produtividade (sexenio).

 

Acreditación do profesorado pola ACSUG

A avaliación exixida para a contratación de profesorado polas universidades públicas galegas pódese realizar a través da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).


Retribucións adicionais

Complementos retributivos:

 

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal