Avaliación da actividade investigadora
A continuación ofrecémosvos información sobre os sistemas de avaliación para progresar na carreira investigadora.
Avaliacións nacionais
Certificado R3 como investigador/a establecido
Convocatoria para valorar a carreira de investigadores/as nacionais e estranxeiros no marco dun itinerario posdoutoral de acceso ao sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación cumprindo co perfil europeo de persoal investigador establecido (R3), e obter a certificación R3.
O Programa de avaliación do profesorado para a contratación (PEP) avalía as actividades docentes e investigadoras, e a formación académica (avaliación curricular) das persoas solicitantes para obter a acreditación para o acceso ás figuras de profesorado universitario laboral establecidas na LOSU.
O Programa Academia, a través das súas comisións de acreditación, leva a cabo o proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de profesorado titular de universidade e catedrático de universidade (persoal funcionario).
Avaliación da actividade investigadora e de transferencia (sexenios)
A Comisión nacional avaliadora da actividade investigadora (CNEAI) realiza a avaliación da actividade investigadora e de transferencia do profesorado universitario e do persoal das escalas científicas dos organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado, co fin de que se lles recoñeza un complemento de produtividade (sexenio).
Avaliacións autonómicas
Acreditación do profesorado pola ACSUG
A avaliación exixida para a contratación de profesorado polas universidades públicas galegas pódese realizar a través da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Complementos retributivos:
- Recoñecemento ao labor docente e/ou investigador
- Recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora
- Recoñecemento polos cargos de xestión
Premios e recoñecementos
Premios e recoñecementos da Universidade de Vigo
- Premios extraordinarios de doutoramento
- Premios á excelencia académica para estudantado que inicia estudos de doutoramento
- Premio atlanTTIC para persoas que defenderan a súa tese doutoral no eido das tecnoloxías
- Axudas para redactar e defender teses en galego
Outros premios e recoñecementos
- Premios Nacionais de Investigación
- Medallas ao Mérito na Investigación e en Educación Universitaria
- Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia
- Premios RAGC – UIE para investigadoras e investigadores XOVES
Recursos e información
- Guía da Biblioteca. Acreditación ANECA
- Guía da Biblioteca. Sexenios CNEAI
- Biblioteca – Sexenios CNEAI. Preguntas frecuentes
- Guía da Biblioteca - Bibliometría
- Servizos bibliotecarios de apoio á investigación: recursos electrónicos e guías
- Fontes de información para a preparación da solicitude de sexenios de investigación na convocatoria de 2023
- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal