Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V12G360V01

Área de coñecemento

Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación del título

María Cristina Trillo Yáñez

    Descrición

    O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais proporciona unha formación multidisciplinar cunha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos. Esta formación facilita o acceso e a superación de estudos de mestrado que, xunto con este grao, configura un programa integrado de estudos que habilita para a profesión de enxeñeiro/a Industrial. Proporciona unha base científica e tecnolóxica multidisciplinar, con formación xeralista sólida e integradora en todas as ramas da enxeñaría: mecánica, eléctrica, enerxética, electrónica, automática, de construción e instalacións, de materiais, química, de deseño, medio ambiente, organización e dirección de proxectos e empresas. A versatilidade e a capacidade de adaptación de toda persoa titulada neste ámbito tamén lle permite o desenvolvemento da súa formación mediante outros mestrados, como os de especialización nas áreas de coñecemento tradicionais ou emerxentes (nanotecnoloxías, novos materiais…) ou mestrados orientados á investigación e posterior desenvolvemento de estudos de doutoramento. O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais ten fundamentalmente dúas finalidades: 1.A creación de técnicos/as polivalentes e xeralistas cunha formación en física e matemáticas e que, a pesares de non contar con atribucións profesionais, serían totalmente válidos/as no mundo industrial en, por exemplo, departamentos de I+D empresarial, postos de responsabilidade en Pymes, formando parte de equipos de traballo multidisciplinares ou adicados/adicadas á docencia en centros de ensino secundario ou módulos de formación profesional. 2.Proporcionar ao estudantado unha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos que faciliten o acceso e a superación de estudos de Mestrado. Estes mestrado poden o Mestrado en Enxeñaría Industrial, mestrados de especialización en áreas de coñecemento tradicionais (Enxeñaría Mecánica, Eléctrica, etc.) ou emerxentes (MBA, Bioenxeñaría, Nanotecnoloxías, Novos Materiais…), ou mestrados orientados á Investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.

    - Estas persoas graduadas son as mellor preparadas para acceder con garantía de éxito aos estudos de mestrado en Enxeñaría Industrial que outorga as atribucións plenas do/da enxeñeiro/a industrial - Grazas a unha sólida formación científica e a unha variedade de coñecementos en diversas tecnoloxías, presentan un carácter xeralista e multidisciplinar - Posibilidade de desempeño de postos de responsabilidade en PYMES ou formando parte de equipos de traballo multidisciplinares en calquera tipo de empresa - Capacidade de integración de coñecementos de diferentes áreas para a redacción e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial

    O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais ten por obxectivo formar enxeñeiros cunha orientación xeralista, multidisciplinar e integradora en técnicas e tecnoloxías industriais. Proporciona ao/á graduado/a unha base sólida de coñecemento científico-técnico nas áreas relacionadas coa enxeñaría industrial que lle permita abordar a gran diversidade de problemas actuais ou futuros que xorden na industria moderna. A orientación da formación ofrece unha visión global dos distintos aspectos, procedementos e problemáticas que aparecen no deseño e mantemento de procesos produtivos e no deseño e fabricación de produtos. Por tanto, este grao capacita o/a titulado/a para actuar dentro do ámbito do deseño de concepto de produtos e procesos industriais. O/A graduado terá capacidade para dirixir e desenvolver proxectos de instalación, montaxe ou explotación de equipos mecánicos, instalacións eléctricas, electrónicas e enerxéticas, analizar e mellorar produtos e procesos industriais, xestionar sistemas de calidade e de xestión ambiental, dirixir departamentos de desenvolvemento de produto, enxeñaría técnica, innovación ou estratexia, desenvolver proxectos de investigación ou innovación no ámbito industrial.

    -Coñecementos básicos de matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática. -Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita. -Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés). -Inquietude, curiosidade e iniciativa propia. -Capacidade de traballo en grupo.