PIUNE

Attention to diversity

This content is currently not available in English

Calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade, relixión, orientación sexual, xénero, capacidade funcional ou situación socioeconómica, é benvida na Universidade de Vigo.

Para que todo o alumnado poida desenvolver a súa vida universitaria de xeito pleno, a Universidade de Vigo pon en marcha unha serie de medidas a través da súa Unidade de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo (UNATEN) co fin de:

  • Velar polos dereitos do alumnado con necesidades físicas, comunicativas, educativas e sociais especiais ou minorizadas polas tendencias maioritarias da sociedade. Estas necesidades poden proceder da discapacidade e sobredotación, entre outras.
  • Facilitar o acceso á universidade do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, así como optimizar a súa posterior integración na vida universitaria para potenciar a participación en igualdade de condicións fronte á poboación universitaria maioritaria e á sociedade en xeral.
  • Favorecer non só a integración, senón a autonomía do alumnado da comunidade universitaria con necesidades especiais. Isto implica emprender un amplo conxunto de actuacións para fomentar, de maneira simultánea, a cooperación e a máxima autonomía persoal posible na toma de decisións, nos desprazamentos, na adquisición de información e no desenvolvemento dos coñecementos. Así mesmo, implica colaborar na promoción da vida independente das persoas con estas necesidades.
  • Difundir información entre todos os sectores da comunidade universitaria sobre a situación das persoas con necesidades específicas de apoio educativo, para sensibilizar e fortalecer valores, actitudes e comportamentos non discriminatorios.
  • Asesorar nas posibles adaptacións pedagóxicas, arquitectónicas e comunicativas necesarias para afianzar a igualdade de oportunidades nos procesos de adquisición e desenvolvemento dos coñecementos e tarefas tanto académicas como laborais na universidade.
  • Axilizar o proceso de eliminación progresiva das barreiras arquitectónicas e comunicativas existentes en todos os campus e instalacións da universidade.
  • Formar en temas relacionados coa diversidade e coa integración social.

 

Más información: 

+34 986 813 603
​​​​​diversidade@uvigo.gal

FORMACIÓN EN DIVERSIDADE

Curso 2024/2025 - Xornadas de sensibilización para profesorado

 

A vicerreitoría de extensión universitaria e a área de diversidade organizan  nos tres campus unhas xornadas co obxectivo de ofrecer ao profesorado unha aproximación xenérica á sensibilización e adaptación ás circunstancias implícitas na diversidade do alumnado  da Universidade de Vigo.

 “Unha mirada cara á diversidade: que podo achegar como docente universitario?” 

Campus de Pontevedra : 31 de outubro de 2024, de 13.30 a 15.30 no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal.

Campus de Vigo: 12 de novembro de 2024, de 13.30 a 15.30, na Sala 1 do Edificio Miralles.(*)

Campus de Ourense: PENDENTE DE DATA, de 13.30 a 15.30, na Sala Emilia Pardo Bazán, do Edificio de Ferro. 

(*) Será transmitida en directo en acceso libre no seguinte enlace: https://tv.uvigo.es/directo1  

Bolsas

A Universidade de Vigo convoca distintas bolsas destinadas a estudantes en situación social ou económica de necesidade especial.

bolsas de inclusión

 

Para máis información sobre estas bolsas podes contactar co Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos:

+34 986 813 611
Formulario de contacto