PhDs registration

This content is currently not available in English

Matrícula no 2.º cuadrimestre 2020/2021

Facer a matrícula

 

Matricularse por primeira vez

Para iniciar estudos por primeira vez nun programa de doutoramento da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:
 

Facer a matrícula

 

Renovación da matrícula

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites a través da secretaría:

 

Renovar a matrícula

 

Prazo: do 1 de setembro ao 10 de outubro de 2020

 


 

Sobre o proceso de matrícula

Para formalizar a matrícula nun doutoramento hai diferentes fases: a de preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario e a de matrícula.

Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.

 



Tipos de matrícula

Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:

  • Matrícula ordinaria
    • A tempo completo
    • A tempo parcial
  • Estudantado de programas interuniversitarios
  • Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
  • Cota de estudantado con discapacidade

Tamén podes consutar a Guía práctica de acceso a estudos de posgrao para o estudantado estranxeiro (en español)



Actividades formativas

A preinscrición e a matrícula nas actividades formativas realizaranse a través da secretaría virtual do estudantado nos prazos indicados:

Primeiro cuadrimestre: do 12 ao 16 de outubro de 2020
Segundo cuadrimestre: do 1 ao 5 de marzo de 2021

 



Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal

Características básicas dos novos programas de doutoramento225.45 KB Procedemento para a tramitación de solicitudes de recoñecemento de actividades realizadas ao amparo de regulacións anteriores40.87 KB Impreso do Programa de apoio á integración de estudantes universitarios con necesidades específicas (Impreso PIUNE)439 KB