School of Continuing Studies
A creación do Centro de Posgrao e Formación Permanente da Universidade de Vigo materializouse no claustro da Universidade de Vigo do 16 de outubro de 2020 co obxectivo estratéxico de abrir a formación permanente á sociedade mediante unha oferta de títulos propios coordinada, de calidade e adaptada á demanda co fin último de xerar novas oportunidades profesionais e persoais.
A EAFP xestiona unha oferta de ensinanzas propias vinculadas ás necesidades e ás demandas da sociedade, complementando os estudos oficiais, deseñando programas educativos que favorezan a empregabilidade, a reciclaxe e a promoción profesional das persoas traballadoras, xerando convenios de formación con empresas ou con institucións externas e detectando e atendendo as necesidades formativas do persoal docente da Universidade de Vigo.
Máis información:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal