How to collaborate with the university?
This content is currently not available in English
Existen diferentes vías de cooperación e colaboración coa universidade. Se queres por exemplo ofertar prácticas, que comecemos xuntos un proxecto de I+D ou calquera outra forma de colaboración, poderás atopar a continuación toda a información que precisas: os tipos e modelos de contratos e convenios, a normativa aplicable e todos os trámites asociados.
Listaxe de convenios e de encomendas de xestión
Segundo a resolución reitoral, do 26 de outubro de 2016, pola que se adaptan os convenios subscritos pola Universidade de Vigo como consecuencia da entrada en vigor da Lei 40/2015, o día 2 de outubro de 2020 quedan sen vixencia todos os convenios asinados antes do 2 de outubro de 2016.
Convenios específicos
Modelos
- Convenio marco (galego)
- Convenio marco (castelán)
- Convenio marco (inglés)
- Convenio específico de colaboración para o intercambio de estudantes (galego)
- Convenio específico de colaboración para o intercambio de estudantes (castelán)
- Convenio específico de colaboración para o intercambio de estudantes (inglés)
- Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas
- Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas no estranxeiro
- Convenio de cooperación educativa entre as universidades do SUG para organización de ensinanzas de doutoramento
- Convenio de cotutela de teses de doutoramento
- Convenio de colaboración para o recoñecemento de créditos ECTS
- Convenio de colaboración para a promoción de actividades culturais ou deportivas
- Convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de voluntariado
- Addenda-anexo ao convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de voluntariado
Os modelos de convenios tamén poden solicitarse no enderezo electrónico secxeralconvenios@uvigo.gal ou no número de teléfono 986 813 617.
Normativa aplicable
- Normativa reguladora do procedemento de tramitación e aprobación de convenios
- Instrución da Secretaría Xeral sobre a tramitación de convenios
- Resolución reitoral do 26 de setembro de 2016 pola que se adaptan os convenios subscritos pola Universidade de Vigo como consecuencia da entrada en vigor da Lei 40/2015
- Informe da Asesoría Xurídica sobre a vixencia dos convenios asinados antes da entrada en vigor da Lei 40/2015 que non tiveran establecida duración