Seniors university program

This content is currently not available in English

Matricularse por primeira vez

Para iniciar os estudos por primeira vez no Programa de Maiores, en calquera dos dous ciclos, deberás premer no botón azul "Facer a matrícula", onde poderás realizar os trámites correspondentes seguindo estas indicacións:

Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18 créditos.

Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.

Cal é a documentación que precisas nesta primeira matrícula? 
No caso de elixir domiciliación bancaria para facer o pago, precisas presentar o formulario de datos bancarios SEPA cuberto e asinado que atoparás ao final desta páxina. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. 

Facer a matrícula


Continuación de estudos

Para a continuación dos estudos no ciclo no que xa estiveches matriculado/a, deberás realizar a matrícula nos lugares que se indican máis abaixo para a súa tramitación.

Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado ao que lle falten créditos para completar o ciclo intensivo deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que lle queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso deberá matricularse de todos os créditos restantes nunha única vez. Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.


Matrícula no ciclo integrado

O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.


Cal é a documentación que precisas para facer a matrícula de continuación de estudos no mesmo ciclo?

Precisas os impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e de pagamento debidamente cubertos e asinados. Tamén tes que entregar o formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. Atoparás o impreso de datos persoais e de pago máis abaixo.
 

Onde facer a matrícula?
 

Área de Servizos á Comunidade
Edificio Administrativo
+34 988 387 102
Horario: de 09.00 h a 14.00 h 

Persoal colaborador no Programa de Maiores
Área de Grao na Facultade de Enxeñaría Forestal
Campus universitario
+34 986 801 702
Horario: de 09.00 h a 14.00 h

Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 626
Horario: de 09.00 h a 14.00 h

Persoal colaborador no Programa de Maiores
Anexo Peritos.
Horario: martes e xoves de 16.00 h a 20.00 h.
O mes de agosto o centro permanecerá pechado.

 

Impreso de datos persoais e de pagamento

Impreso_pagamento_datos_persoais_2.docx37.87 KB

Máis información:

Campus de Ourense
+34 988 387 102 
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra 
+34 986 801 909
maiores.pontevedra@uvigo.es

Campus de Vigo
+34 986 813 626 
extension@uvigo.es