Employment orientation

This content is currently not available in English

A busca de emprego resulta un traballo en si mesmo. Para optimizar tempos, recursos e esforzos é preciso contar co asesoramento adecuado. A orientación laboral é un servizo prestado pola Área de Emprego e Emprendemento para analizar o mercado laboral, definir o perfil profesional e trazar un itinerario de busca de emprego.

Servizo de orientación laboral para o estudantado e para as persoas egresadas

Servizo de Orientación Laboral

 


Es estudante ou egresado/a e gustaríache recibir axuda para planificar a túa busca de emprego? 

Que te levarás da sesión?

  • Avaliación do teu perfil profesional 
  • Análise do teu potencial para un determinado emprego
  • Asesoramento na busca de emprego
  • Coñecemento dos requisitos laborais demandados polo mercado
  • Oportunidades laborais
  • Ferramentas necesarias para a túa incorporación ao mercado laboral: consellos para a mellora do teu CV, asesoramento para a realización de entrevistas de selección (presenciais e virtuais), preparación da túa participación en feiras de emprego etc.

Se queres solicitar unha entrevista (virtual ou presencial) cunha das nosas técnicas de emprego, podes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo: orientacionlaboral@uvigo.gal


Obradoiros de orientación nos centros


Es representante dunha facultade ou dunha escola e gustaríache que o teu alumnado recibise algún obradoiro de mellora da empregabilidade ou de orientación laboral no teu centro? 

Colaboramos coas distintas escolas e facultades no desenvolvemento do seu plan de acción titorial (PAT) impartindo distintos obradoiros para facilitar o acceso ao mercado laboral.

Entre os obradoiros máis demandados polo estudantado dos últimos cursos de grao e de mestrado destacan aqueles que proporcionan ferramentas sobre:

  • Elaboración de CV e de cartas de presentación
  • Preparación de entrevistas de selección
  • Fomento do autoemprego
  • Redes sociais ou creación da marca persoal

Xornadas de empregabilidade 


Captación de talento na función pública 

  • Unidade de funcionariado internacional

    Obxectivo: dar a coñecer as vías de aceso o mundo das relacións internacionais, tales como a carreira diplomática española, a Unión Europea e o resto de organizacións internacionais.

    Data: 5 de novembro, de 12.00 a 14.00 h
    Rexistro
     
  • Administración Xeral do Estado (AXE)

    Obxectivo: dar a coñecer diversas opcións para traballar na administración pública e formas de acceso, incluíndo testemuños de persoas que realizaron unha carreira profesional na AXE e que lles poidan servir de guía e de inspiración aos/ás asistentes.

    Data: 12 de novembro, de 12.00 a 14.00 h
    Rexistro
     
  • Axencia Española da Administración Pública 

    Obxectivo: dar a coñecer a actividade desenvolvida pola Axencia Tributaria e as posibilidades de emprego público que esta ofrece en múltiple áreas.

    Data: 19 de novembro, de 12.00 a 14.00 h
    Rexistro
     
  • Talento feminino en disciplinas da función pública

    Obxectivo: pór en valor a presenza de mulleres en corpos e escalas do Estado de perfís máis tecnolóxico e proporcionar información das distintas probas de acceso a postos e a oposicións a corpos de funcionarios da AXE con base en disciplinas STEM (ciencias, tecnoloxías, enxeñerías e matemáticas).

    Data: 25 de novembro, 12.00 a 14.00 h
    Rexistro

Outras dinámicas de captación de talento 
 

 

Máis información

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 037
orientacionlaboral@uvigo.gal

Linkedin