Governing Council

This content is currently not available in English

O Consello de Goberno é o órgano de goberno da Universidade

Vista do Paraninfo da Universidade de Vigo


Entre as funcións do Consello de Goberno está o establecemento das liñas estratéxicas e programáticas da Universidade e a aprobación da ordenación xeral da actividade académica e investigadora.

Ademais, o Consello de Goberno encárgase da aprobación dos proxectos de orzamento e programación plurianual e das contas anuais da Universidade para o seu trámite ao Consello Social, así como da aprobación dos cadros de persoal ou das propostas de plans de estudo.

 

O Consello de Goberno compóñeno:

  • A reitora ou reitor, que o preside
  • A secretaria ou secretario xeral e a persoa que ocupe a Xerencia.
  • 15 membros designados pola reitora ou reitor, entre os que deben estar necesariamente as vicerreitoras e vicerreitores.
  • 20 membros elixidos polo Claustro de entre os seus membros, dos que dez formarán parte do persoal docente e investigador, oito deles doutoras ou doutores con vinculación permanente á Universidade, oito estudantes e dous membros do persoal de administración e servizos.
  • 15 membros elixidos polo Claustro entre as persoas que desempeñen a dirección dos centros e das unidades docentes e de I+D+i.
  • 3 membros do Consello Social non pertencentes á comunidade universitaria.
  • Recoñécese a presenza con voz de catro representantes sindicais:

    -1 da forza sindical máis votada entre o PDI funcionario
    -1 da forza sindical máis votada entre o PDI laboral
    -1 da forza sindical máis votada entre o PAS funcionario
    -1 da forza sindical máis votada entre o PAS laboral.