Imaxe dun polo cunha casca na cabeza

Entrepreneurship

This content is currently not available in English

A Área de Emprego e Emprendemento fomenta a iniciativa emprendedora de estudantes e persoas tituladas pola Universidade de Vigo a través do programa INCUVI

INCUVI Emprende 

Cartel da convocatoria Incuvi Emprende 2020

INCUVI-Emprende é un programa de apoio a inciativas empresariais de base tecnolóxica e de coñecemento en calquera ámbito que ofrece unha formación e mentorización específica de cara á validación das ideas de negocio e á elaboración dun plan de empresa. O programa susténtase na preincubadora de negocios INCUVI que anualmente e a través dun concurso de ideas ofrece espazo para acoller ata 11 proxectos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Os proxectos escollidos obteñen como premio formación, asesoría e apoio na elaboración dun Plan de empresa, ademais da estadía por un máximo dun ano nalgún dos seguintes espazos:

  • Campus de Vigo: Cidade Universitaria (6 espazos)

  • Campus de Ourense: Tecnópole (3 espazos)

  • Campus de Pontevedra: sede da Asociación de Novos Empresarios (2 espazos)
     

A convocatoria da novena edición dos Premios INCUVI-Emprende permanecerá aberta ata o 30 de outubro de 2020.

 

INCUVI Avanza

Cartel da convocatoria Incuvi Avanza 2020

INCUVI-Avanza é unha iniciativa de apoio á consolidación dos proxectos máis viables entre aqueles que fixeron o seu paso polo programa INCUVI-Emprende. A través dunha convocatoria de axudas, a Área de Emprego e Emprendemento proporciona un servizo de asesoramento personalizado, unha axuda económica para subvencionar custos relacionados coa constitución como empresa, así como espazo de traballo durante 12 meses en:

  • Vigo: Porto do Molle (Consorcio Zona Franca de Vigo)
  • Ourense: CITI (Tecnópole)

A convocatoria permanecerá aberta ata o 30 de outubro de 2020.

 

INCUVI Consolida

Cartel da convocatoria Incuvi Consolida 2020

A convocatoria permanecerá aberta ata o 6 de novembro de 2020.

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.es

Linkedin