How to hire
This content is currently not available in English
Tanto se a túa empresa é ou vai ser provedora da universidade ou se queres contratarnos e vas ser cliente, consulta os seguintes procedementos e documentación:
Perfil do contratante
O perfil do contratante é o espazo no que se publica a información relativa á contratación administrativa, con anuncios de licitación, adxudicacións provisionais e definitivas e os pregos de contratación.
Está regulado polo artigo 53 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
- Acceso ao perfil do contratante (expedientes anteriores ao 9 de marzo de 2018)
- Acceso ao perfil do contratante (expedientes posteriores ao 9 de marzo de 2018)
Darse de alta como empresa ou persoa provedora
Pasos para darme de alta como empresa ou persoa provedora da Universidade de Vigo:
- Tes que cubrir a ficha de perceptores da Universidade de Vigo. Os datos bancarios deberánse completar correctamente incluíndo o código IBAN.
- As persoas xurídicas conformarán os datos bancarios mediante selo ou certificado do seu banco.
- A alta realizarase a través da Sede electrónica da Universidade de Vigo. Só en casos excepcionais o orixinal da ficha enviarase por correo ao Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría e a través dos enderezos electrónicos neingres@uvigo.gal ou pbcont3@uvigo.gal.
Outras xestións para empresas provedoras
- Como fago para modificar a miña conta bancaria:
- No caso de persoas físicas.
Se es persoal da universidade e queres cambiar a conta de pago da nómina debes comunicalo ao Servizo de Nóminas e Seguros Sociais. Se só queres cambiar a conta de pagos "non nóminas", podes facer a solicitude a través do enderezo electrónico ou carta. Se non es persoal da universidade, debes cubrir a ficha de perceptores cos cambios correspondentes. - No caso de persoas xurídicas.
Deben cubrir novamente a ficha de perceptores cos cambios correspondentes conformados polo banco.
- No caso de persoas físicas.
- Quen me pode informar sobre a situación dunha factura:
- A información sobre a situación de facturas e calquera outro documento que dea lugar ao recoñecemento dunha obriga por parte da universidade é visible para todo o persoal da Área Económica da universidade, polo tanto calquera poder dar información á persoa interesada.
Podes contratarnos para que levemos a cabo xuntos proxectos de I+D+i. Temos diferentes modelos de colaboración, que se poden agrupar en dous grupos:
- I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
- I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.
Se queres saber máis, accede aquí á información que ofrece ao respecto a Oficina de I+D.
Podes consultar os modelos de contrato aquí:
Para formar parte da listaxe de empresas da Universidade de Vigo para a contratación menor, cómpre:
- Cubrir a solicitude de inscrición.
- Dependendo do tipo de actividade, deberase presentar o certificado de solvencia técnica e profesional, póliza de responsabilidade civil e o xustificante do seu pagamento.
- Declaración responsable.
- Información da empresa sobre os traballos que se realizarán na Universidade de Vigo (REF. DRPRL-08-03).
- A documentación achegarase á Unidade de Servizos Xerais a través do enderezo electrónico servizosxerais@uvigo.gal
Instrucións xerenciais de xestión económica
2018
- 19/06/2018 - Instrución sobre o procedemento de contratación de servizos de viaxes
- 03/05/2018 - Instrución pola que se regula a compra de material de oficina
- 04/05/2018 - Instrución sobre Congresos Internacionais
- 10/04/2018 - Instrución relativa a ferramentas para o cumprimento da nova lei de contratos
- 02/04/2018 - Instrución sobre o proceso de contratación do mantemento de ascensores
- 31/01/2018 - Instrución sobre o procedemento de contratación menor
- 25/01/2018 - Nota técnica que establece para o ano 2018 as retencións e ingresos a conta do IRPF
- 24/01/2018 - Instrución sobre o procedemento de arquivo de xustificantes e tickets
- 12/01/2018 - Instrución pola que se aproban as normas de xestión económico-administrativo derivadas da tramitación de contratos amparados no artigo 83 da LOU