FAQs

This content is currently not available in English

FAQ sobre os Servizos Informáticos

O Servizo de Atención ao Usuario é o punto de unión entre os usuarios e os Servizos Informáticos. Deste xeito, os usuarios diríxense a un único e-mail ou teléfono evitando perdas de tempo cando precisan resolver calquer tipo de problema informático. Para poñerte en contacto co SAUM, consulta o directorio segundo ubicación aquí:

  • Vigo, central
    De 08:30 a 20:30h no 812668
    saum@uvigo.es
  • Vigo, ámbito tecnolóxico
    Escola de Telecomunicacións
    De 09:00 a 15:00h no 812248
    siteleco@uvigo.es

    Escola de Enxeñaría Industrial
    De 09:00 a 15:00h no 811939
    siatec@uvigo.es
  • Vigo, ámbito científico
    De 08:30 a 14:30h no 818663
    saum-ci@uvigo.es
  • Vigo, ámbito xurídico-social
    De 08:30 a 14:30h no 818719
    saum-xsh@uvigo.es
  • Ourense
    Edificio Politécnico
    De 08:30 a 20:30h no 387045
    saum-ou@uvigo.es
  • Pontevedra
    Facultade de Ciencias Sociais
    De 08:30 a 14:30h no 802030
    saum-po@uvigo.es

As contas de correo persoais son creadas automáticamente e poden activarse e consultarse a través do correoweb. Tes máis información na FAQ Como consigo unha conta de correo da Universidade de Vigo?

 

En caso de que precises unha de correo para un congreso, curso, espazo web etc. podes solicitala cubrindo o formulario de solicitude de conta de correo en enviándoo ao saum. Ten en conta que en ningún caso se crearán contas de correo persoais mediante este formulario.


Unha vez recibida a solicitude, o SAUM tramitará a petición e porase en contacto contigo para comunicarche os datos relacionados coa conta solicitada.

Para conectar un ordenador á rede de datos é necesario un número IP, asignado polos Servizos Informáticos. Para solicitar o IP hai que encher o Formulario de conexión á rede de datos, e envialo ao Servizo de Atención ao Usuario.

Ponte en contacto co SAUM do teu ámbito ou campus

Na Universidade de Vigo temos licencias de campus para algúns produtos, que son gratis para os usuarios, e licenzas individuais doutros produtos. Ten en conta que os programas que aquí se atopan están suxeitos a distintos tipos de licenzas de uso e que, en calquera caso, vostede debe coidar de que o uso e instalación dos mesmos sexa acorde ás clausulas particulares de cada un.

O mellor é dispor dun antivirus legal e actualizado. A Universidade de Vigo ten un antivirus de campus que todos os usuarios deberán instalar no seu ordenador. Para o cal temos que seguir as instrucións especificadas aquí.

Co antivirus de campus estamos protexidos case por completo de todos os virus. En caso de non ser capaces de eliminar un virus, podemos solicitar axuda ó SAUM.

As contas de correo persoais para estudantes, PAS, PDI e PDI externo créanse automáticamente no proceso de xeración do teu identificador de uvigo.

Podes consultar todos os pasos detallados para utilizar o teu correo electrónico na sección O correo da Uvigo

Existen unha serie de listas de correo que poden ser empregadas como foros de discusión para distintos temas. Estas listas en algúns casos non están limitadas a usuarios da Universidade de Vigo.

Cando un usuario é creado é subscrito por defecto só á lista de correo inforede@listas.uvigo.es. Existen outras listas de uso xeral ás que o usuario pode subscribirse dende o servidor de listas de correo http://listas.uvigo.es, como as seguintes:

Dado o gran número de mensaxes que se xeneran cando se envían correos ás listas recoméndase non empregar estas listas xenéricas como mecanismo de comunicación recomendado, e en todo caso as mensaxes remitidas ás listas principais están limitadas a un tamaño máximo de 50Kb.

Pódese solicitar a creación dunha lista de correo enviando unha petición a solicitudes.listas@uvigo.es, as condicións son as indicadas neste enlace.

A Universidad de Vigo ofrece un servizo de aloxamento de webs (hosting). Consulta a información do servizo de aloxamento web para máis detalles.

As salas de videoconferencias das que dispoñemos son:

  • Vigo: sala de xuntas dos Servizos Informáticos (biblioteca central), 5 prazas
  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: Facultade Dereito – Empresariais, 8-10 prazas
  • Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais, 10-15 prazas

As salas de AccesGrid (videoconferencia masiva) das que dispón a Universidade de Vigo son:

  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: sala de audiovisuais da biblioteca central (2.º andar), 25-30 prazas
  • Pontevedra: sala AG da Facultade de Ciencias Sociais (seminario 5, 1.º andar), 10-15 prazas

E podes atopar toda a información ao respecto aquí