Awards

This content is currently not available in English

Destinados ás persoas con expedientes académicos excelentes.

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Premios nacionais de fin de carreira para estudantado universitario.

Consulta a convocatoria

 

 

Universidade de Vigo

Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, e premios de calidade lingüística a Traballos Fin de Grao / Máster, presentados polo estudantado da Universidade de Vigo.

Consulta a convocatoria

 

Premio co obexecto de incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas. Os premios están destinados a sufragar parte do custo dos prezos públicos de matrícula.

Consulta a convocatoria

 

Teñen como obxecto incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso nos estudos de máster da Universidade de Vigo.

Consulta a convocatoria

 

O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial ao novo estudantado da Universidade de Vigo que estea a realizar estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Consulta a convocatoria

 

Premios para persoas que contribúan á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos na Universidade de Vigo e promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas na mesma

Consulta a convocatoria

 

Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións no Máster de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

Premios destinados a incentivar ao estudantado con aproveitamento académico excelente no Máster de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

Consulta a convocatoria

 

Premios ao mellor TFG/TFM en temáticas relaciondas coa Axenda 2030, cooperación ó desenvolvemento e responsabilidade social

O obxecto deste premio é o recoñecemento dos traballos de fin de Grao e Máster realizados polo estudantado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados

Consulta a convocatoria

 

As teses de doutoramento defendidas na Universidade de Vigo que teñan alcanzado a cualificación de sobresaínte cum laude poderán ser obxecto da mención especial de premio extraordinario de doutoramento na Universidade.

A Universidade establecerá anualmente o número de premios extraordinarios que concederá e os prazos e procedemento da convocatoria destes. Na devandita convocatoria incluirase a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do Premio Extraordinario.

Consulta a convocatoria

 

 

Xunta de Galicia

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o estudantado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Estes premios, ademais de ter asinada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o estudantado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Procedemento: ED415A

Consulta a convocatoria

 

Premios de excelencia académica ao estudantado de grao universitario oficial con mellores cualificacións

Consulta a convocatoria

 

 

Contacta con nós en:

+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.es