Masters registration

This content is currently not available in English

Novo estudantado

O estudantado admitido para iniciar estudos de mestrado na UVigo, deberá facer os trámites de matrícula na seguinte ligazón:

Prazo: calendario de preinscrición e matrícula no curso 2020/2021

Podes consultar as listaxes de admisión a través da túa secretaría virtual ou na seguinte ligazón.

Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, atoparás toda a información que precisas na Guía práctica para estudantes de novo acceso a estudos de posgrao


Continuación de estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás facer os trámites a través da secretaría:

Prazo: do 27 de agosto ao 7 de setembro de 2020


Sobre o proceso de matrícula

Para formalizar a matrícula nun mestrado hai diferentes fases:

  • Preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario
  • Matrícula

No caso de quedaren prazas vacantes, abrirase un novo prazo.

Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.


Tipos de matrícula

Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:

  • Matrícula ordinaria
    • A tempo completo
    • A tempo parcial
  • Estudantado de programas interuniversitarios
  • Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
  • Cota de estudantado con discapacidade

Se es estudante estranxeiro/a, atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo na Guía para o estudantado estranxeiro (en español).


Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal

 

Solicitude de matrícula a tempo parcial 22.54 KB Solicitude de convocatorias adiantadas 22.62 KB Solicitude de equivalencia de título estranxeiro 24.9 KB Procedemento de transferencia e recoñecemento de créditos para másteres universitarios oficiais51.58 KB Exemplo de documento de autorización para domiciliación bancaria212.68 KB Impreso do Programa de apoio á integración de estudantes universitarios con necesidades específicas (Impreso PIUNE).439 KB