Registration fees

Check the financial information related to enrolment, the cost of studies, payment methods, discounts or exemptions, and the UVigo's own programme of grants for people with financial difficulties.

If you do not pay the registration fee within the corresponding deadlines, you will have to pay an additional 10% penalty and you will not be able to request a certificate or degree, nor re-enroll again...

Calcula a túa matrícula:

Simulador de prezos

 

Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación:

Prezos por crédito de grao

 

Ademais do prezo anterior hai que aboar:

  • A apertura de expediente: 22,31€ (só o alumnado de novo ingreso)
  • A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75€
  • A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79€
  • O seguro escolar (menores de 28, agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12€

Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación: 

Prezos por crédito de máster habilitante

Prezos por crédito de máster non habilitante

 

Ademais do prezo anterior hai que aboar:

  • A apertura de expediente: 22,31€ (só o alumnado de novo ingreso)
  • A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75€
  • A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79€
  • O seguro escolar (menores de 28 anos agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12€

Prezos Doutoramento

Ademais do prezo anterior hai que aboar:

  • A apertura de expediente: 22,31€ (só o alumnado de novo ingreso)
  • A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75€
  • A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79€
  • O seguro escolar (menores de 28 anos agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12€

O alumnado de centros adscritos, ademais do resto de prezos, abóalle á universidade o 25% dos prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación e ao centro adscrito a contía que o centro estableza:

  • Escola Universitaria de Enfermería de Ourense: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75% restante dos prezos por servizos académicos.
  • Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75% restante dos prezos por servizos académicos.
  • Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín
  • Escola Universitaria de Profesorado de EXB de Vigo: podes consultala no centro.
  • Escola Universitaria de Enfermería "Meixoeiro" de Vigo: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75% restante dos prezos por sevizos académicos.
  • Escola Universitaria de Enfermería "POVISA" de Vigo: podes consultala no centro.
  • Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE): podes consultala no centro.

O alumnado estranxeiro, de grao e máster, maior de 18 anos que non teña a condición de residente de longa duración (excluídas as persoas con nacionalidade de calquera dos Estados membros da UE ou dos países aos que se lles aplica o réxime comunitario) aboará os prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación, incrementados nun 25%. 

Salvo oposición das persoas interesadas consultarase electrónicamente a residencia legal das persoas que precisen acreditala e de non existir constancia expedirase unha nova folla de liquidación co importe incrementado nun 25%.

A estes efectos, a autorización para estudos concedida ao alumnado estranxeiro non equivale á condición de residente.

O alumnado con nacionalidade de países da Unión Europea e de países aos que se lles aplica o réxime comunitario non precisa acreditar a condición de residente.

Alumnado estranxeiro ao que se lle aplica o seguro escolar:

Alumnado estranxeiro menor de 28 anos con dereito a seguro escolar:

  • Nacionais de países da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega) e Suíza.
  • Refuxiados e apátridas que residan no territorio dos países anteriores.
  • Todos os estudantes estranxeiros residentes en España nas mesmas condicións ca os españois.

  • Curso completo Universitario/a Superior Sénior (18 créditos): 125€
  • Curso completo Universitario/a en Cultura e Sociedade (15 créditos): 105 €
  • Materias soltas: 8€/ crédito
  • Apertura de expediente ao comezar os estudos: 22,31€
  • Documentación e soporte para a matrícula por internet: 1,75€
  • Expedición e mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79€

O prezo por recoñecemento de créditos é:

  • Gratuíto para os créditos dunha mesma titulación ou equivalente sempre que se obteñan as mesmas competencias, habilidades e coñecementos, se procede de centros públicos. Tamén é gratuíto o recoñecemento de créditos cursados nun Grao aberto e nun PCEO que teñan efectos en ambas titulacións.
  • No resto dos casos, o 25% dos prezos por servizos académicos da titulación na que se recoñezan, descontadas as exencións e bonificacións ás que teñas dereito (consulta na pestana de descontos).

Probas de acceso á universidade

63,67€

Equivalencia ao nivel académico de doutor ou doutora

118,00€

Exame para a obtención do título de doutor ou doutora

117,09€

Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior

Proba de aptitude/proba de conxunto

116,53€

Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

13,25€/crédito

Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

9,37€/crédito

Proxecto ou traballo

116,53€

Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

13,25€/crédito

Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

9,37€/crédito

Títulos

Doutor ou doutora

183,10€

Persoa licenciada, arquitecta ou enxeñeira, graduada ou cun máster oficial

123,10€

Persoa diplomada, arquitecta ou enxeñeira técnica

60,10€

Diploma de estudos avanzados

59,16€

Duplicados de títulos universitarios oficiais e do SET

28,09€

Secretaría

Apertura de expediente académico ao comezar os estudos

22,31€

Certificacións académicas e traslados de expediente académico a outra universidade

22,31€

Expedición e mantemento de tarxetas universitarias de identidade

4,79€

Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros

27,09€

O alumnado visitante estranxeiro que desexe ampliar a súa formación na Universidade de Vigo a través dunha estadía temporal debe aboar:

  • Os prezos por servizos académicos correspondentes aos créditos dos que se matricule (consultar táboa de prezos de Grao e Mestrado nesta mesma páxina).
  • Os prezos por servizos administrativos:
    • apertura de expediente: 22,31€ 
    • documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75€
    • expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79€
  • Os prezos por xestión administrativa: 400€ nas estadías cuadrimestrais e 800€ nas estadías anuais.

A anulación de matrícula a petición do alumnado implica a perda das cantidades aboadas ata o momento da anulación.

Para máis información

 

Efectivo:

ao realizar o trámite de Automatrícula a aplicación informática emite unha folla de liquidación coa que podes aboar o importe íntegro da matrícula no prazo de 30 días naturais en calquera oficina de Abanca ou Banco Santander.

Tarxeta: 

seleccionando esta opción no momento da Automatrícula podes realizar o pagamento no momento, ou no prazo de 30 días naturais entrando na secretaría virtual do estudante (SVE) en “Pagos pendentes.

Domiciliación bancaria:

Para domiciliar os pagos é imprescindible contar coa autorización SEPA da persoa titular da conta. Se non temos a autorización cambiaremos a forma de pago a prazo único en efectivo.

No momento da Automatrícula ​​​​​​ tes que indicar o número de conta, NIF, nome e apelidos da persoa titular. Ao finalizar o trámite o programa informático xera de forma automática un impreso denominado SEPA que tes que entregar ou enviar a área académica do centro no que estudas no prazo de 10 días naturais dende a matrícula, coa sinatura manuscrita ou electrónica da persoa titular da conta (tanto se és ti o titular como se é outra persoa). 

Non se poden domiciliar pagamentos despois do 28 de febreiro.

É responsabilidade do alumnado manter actualizados os datos bancarios, verificar que a conta onde domicilia o pago se atope operativa, que está autorizado o cargo da domiciliación, e que a entidade bancaria teña feito efectivo o pago da matrícula.

Podes elixir entre aboar:

  • o importe íntegro

Prazo de matrícula

Data de cargo

9 de xullo a 28 de setembro 

6 de outubro

29 de setembro a 28 de outubro

6 de novembro

29 de outubro a 28 de novembro

6 de decembro

29 de novembro a 28 de decembro          

6 de xaneiro

29 de decembro a 28 de xaneiro

6 de febreiro

29 de xaneiro a 28 de febreiro 

6 de marzo

 

  • importe fraccionado (agás importes inferiores a 100 € e titoría de doutoramento):

Prazo de matrícula

Data de cargo

 

6 outubro

6 novembro  

6 decembro 

6 xaneiro  

6 febreiro 

6 marzo  

9 de xullo a 28 de setembro

25%

15%

15%

15%

15%

15%

29 de setembro a 28 de outubro

---

40%

15%

15%

15%

15%

29 de outubro a 28 de novembro 

---

---

55%

15%

15%

15%

29 de novembro a 28 de decembro

---

---

---

70%

15%

15%

29 de decembro a 28 de xaneiro

---

---

---

---

85%

15%

Os prezos por servizos administrativos abóanse co primeiro pago. As % refírense aos prezos por servizos académicos.

Modificación da forma de pago:

Pódese modificar a forma de pago contactando coa área académica do teu centro:

  • No cambio de efectivo/tarxeta a pago domiciliado (único ou fraccionado) ata 7 días antes do fin do prazo de pagamento que figura no abonaré.     ​​​​
  • No caso de domiciliación, o cambio de único a fraccionado ou fraccionado a único, ata o 20 do mes anterior á data de cargo da domiciliación.
  • Domiciliación a efectivo/tarxeta ata o 20 do mes anterior á data de cargo da domiciliación.

En todo caso a partir do 20 de febreiro non se poden realizar modificacións.

 

  • A UVIGO permite o fraccionamento da matrícula en 6 prazos sen cargo para facilitarche o pago. Consulta as condicións en Formas de pago.
  • Ademais temos un programa de bolsas propias da UVIGO destinado as persoas con dificultades económicas para pagar a matrícula.  Se tes intención de solicitar as bolsas debes marcar cando te matricules no apartado de Exencións "Bolsa propia Universidade de Vigo", e deste xeito se apraza o pago dos prezos por servizos académicos.Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago. Consulta as condicións das convocatorias de axuda de matrícula no Portal de bolsas.
  • Ademais se tes concedida a bolsa de carácter xeral do MEFP non tes que pagar os créditos nos que te matricules por primeira vez. Se tes intención de solicitala debes marcar cando te matricules no apartado de Exencións "Bolsa Ministerio de Educación", e deste xeito se apraza o pago dos prezos por servizos académicos.Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago. 

Cando os prezos non son aboados no prazo indicado aplícase un incremento do 10% da débeda. Ademais procédese ao arquivo cautelar do expediente coas seguintes consecuencias:

  • limitación de acceso á secretaría virtual,
  • non expedición de certificacións nin títulos,
  • non tramitación de solicitudes de matrícula fóra de prazo,
  • imposibilidade de anulación, modificación de matrícula e traslados de expediente,
  • imposibilidade de matrícula en cursos posteriores ou calquera outro trámite relacionado co seu expediente.

O arquivo cautelar non afecta ao réxime de permanencia nin impide a asistencia a clases teóricas e prácticas, así como aos exames.

Para activar de novo o expediente debes acudir á Secretaría do teu centro para que che expidan unha nova Folla de liquidación e efectuar o pagamento

Se antes do 31 de maio non pagas a débeda, suspéndese definitivamente a matrícula mediante resolución reitoral coas limitacións sinaladas. A suspensión definitiva non liquida a débeda, nin supón a anulación da matrícula, nin da dereito á devolución das cantidades aboadas. A suspensión queda sen efecto unha vez aboada a débeda.

 

 

No momento de realizar o trámite de matrícula debes marcar no apartado  "Exencións e descontos" aquelas ás que teñas dereito (podes marcar máis de unha).

TÁBOA DE EXENCIÓNS

A condición que da dereito a exención deberá estar vixente no prazo de matrícula, agás no caso de que estivera en tramitáción quedando condicionada a que xustifique tal circunstancia e a entrega unha vez resolta, da acreditación da condición antes do 31 de maio. No caso de estar vixente o título presentado en cursos anteriores non se esixe un novo documento.

Se no momento da matrícula non marcas a exención, podes solicitalo ata o 30 de decembro contactando coa área académica do teu centro.
 

Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial tes dereito ao desconto da metade ou do total do importe dos prezos públicos.

Consultaremos de xeito electrónico a condición de familia numerosa. No caso de que non sexa posible a área académica do teu centro solicitarach por correo electrónico o documento acreditativo.

Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 % tes dereito a un desconto do total do importe de prezos públicos.

Consultaremos de xeito electrónico a condición de discapacidade. No caso de que non sexa posible a área académica do teu centro solicitarach por correo electrónico o documento acreditativo, que deberá ser expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.

Se tes recoñecida a condición de vítima de terrorismo, así como o teu cónxuxe e fillos/as terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos (pagas os prezos de títulos e de secretaría).

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 29 de outubro tes que presentar a documentación que acredita o dereito á exención.

Documentación que cómpre presentar:

  • Informe del Ministerio do Interior.
  • Recoñecemento por parte da AGE da pensión extraordinaria por acto terrorista.
  • Sentenza xudicial.

Se tes recoñecida a condición de vítima de violencia de xénero, así como os teus fillos/fillas e os menores de idade suxeitos a tutela e a garda e custodia, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos (pagas os prezos de títulos e de secretaría). Os menores de idade suxeitos a tutela, garda e custodia continuarán gozando da exención prevista anteriormente unha vez acadada a maioría de idade. Unha vez declarada a exención, manterase durante o período ordinario de realización deses estudos. 

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 29 de outubro, tes que presentar a documentación que acredita o dereito á exención.

Documentación que cómpre presentar:

  • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
  • Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei.
  • Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da administración pública autonómica ou local.
  • Certificación dos servizos de acollida da administración pública autonómica ou local.
  • Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
  • Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

REQUISITOS

  • Alumnado de novo ingreso:
    • ABAU da CIUG 2024 parte xeral, maiores de 25 e 45 anos CIUG 2024
    • Ciclo superior 2024 (en calquera comunidade autónoma)
  • Alumnado de continuación:
    • Cursado 2023/2024 nas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo
    • Matricula 2024/2025 en todos os créditos de curso completo según o plan de estudos
    • Superados no 2023/2024 en primeira matrícula as seguintes porcentaxes de créditos matriculados previstos para cada curso no plan de estudos:
      • Artes e Humanidades: 90%
      • Ciencias Sociais e Xurídicas: 90%
      • Ciencias da Saúde: 80%
      • Ciencias: 65%
      • Enxeñaría e arquitectura: 65%
    • PCEO: o requisito anterior sobre a rama menos exixente
    • Matrícula parcial: tes que superar a totalidade dos créditos dos que estás matriculado no 2023/2024

IMPORTE

unha vez aplicadas todas as exencións, bonificacións e bolsas:

  • Alumnado de novo ingreso en Grao:
    • o 99% do importe dos créditos matriculados de 1º curso
    • o 99% do importe dos créditos recoñecidos de ciclo superior
  • Alumnado de continuación:
    • o 99% do importe dos créditos superados en 1ª matrícula no curso 2023/2024 que se aplicará sobre o importe dos créditos de 1ª matrícula no curso 2024/2025

DENOMINACIÓN: “Bonificación 99% Xunta de Galicia”

BOLSA MEFP

  • Se non tiveches bolsa no curso 2023/2024 e non presentaches solicitude para o curso 2024/2025:​​​​​​ debes asinar no momento da matrícula a declaración responsable de que non cumpres requisitos económicos da convocatoria xeral. 
  • se presentaches solicitude de bolsa para o curso 2024/2025: primeiro aplicaráseche o desconto correspondente á solicitude de bolsa.

PROCEDEMENTO

    • Alumnado de preinscrición: a CIUG proporciona o ficheiro do estudantado que ten dereito á bonificación e se lle aplíca de xeito automático no momento da matrícula. Se despois realizas recoñecementos de ciclo superior  tamén se che aplica.
    • Alumnado de continuación procedente de USC e UDC: despois de matrícula debes presentar certificado académico do curso 2023/2024 na área académica do teu centro.
    • Alumnado de continuación de UVIGO: no momento da matrícula compróbase que cumpres os requisitos e se che aplica a bonificación de xeito automático.

Se obtiveches matrícula de honra global en 2º de bacharelato, no último curso de Ciclo Superior, Premio extraordinario de bacharelato ou Ciclo Superior, ou Medalla nas Olimpiadas científicas nacionais e internacionais, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos por unha soa vez, no primeiro curso.

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 29 de outubro tes que presentar a documentación que acredita o dereito a exención.

Documentación a presentar: copia da certificación académica ou acreditativa do premio ou medalla.

Se obtiveches matrícula de honra nalgunha materia de Grao ou Máster, no curso académico inmediatamente seguinte non pagas os prezos públicos para a primeira matrícula no mesmo número de créditos nos que obtiveches a matrícula de honra, sempre que pertenzan aos mesmos estudos ou a estudos da mesma rama de coñecemento.

Documentación a presentar: se a matrícula de honra foi obtida nunha universidade distinta á de Vigo, inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 28 de outubro tes que presentar  a copia da certificación académica.

Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou tes intención de solicitar unha bolsa que inclúa  o importe da matrícula debes indicalo no apartado de Exencións, e deste xeito se apraza o pago dos prezos por servizos académicos ata o momento da resolución da bolsa. Consulta as convocatorias no Portal de bolsas.

  • Bolsa xeral MEFP / Goberno Vasco: A concesión da bolsa supón a gratuidade dos prezos por servizos académicos das materias das que te matriculas por primeira vez.
  • Bolsas propias da Universidade de Vigo; A Universidade de Vigo convoca cada ano varias bolsas que dan dereito a gratuidade dos prezos de matrícula. Consulta nesta páxina Facilidades de pago.
  • Bolsas doutros organismos: Xunta de Galicia - mocidade exterior

Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago.

Se a solicitude é denegada a Universidade xera automáticamente unha nova Folla de liquidación co importe da matrícula. É responsabilidade do alumnado prestar atención as datas de resolución das convocatorias e aboar os importes correspondentes nos prazos establecidos.

O persoal das Universidades públicas galegas e as súas fillas/os e cónxuxes poden solicitar axudas do Fondo de acción social para a gratuidade dos prezos por servizos académicos. Consulta as condicións na convocatoria.

Para solicitar a axuda no momento da matrícula debes seleccionar esta opción. Do 1 ao 30 de setembro deberás presentar solicitude na sede electrónica da UVIGO aportando os datos do traballador/a da universidade que ten dereito á gratuidade. Se non presentas solicitude na sede electrónica no prazo indicado non poderá ter a matrícula gratuíta.

CONVOCATORIA 2023/2024

CONVOCATORIA 2022/2023

CONVOCATORIA 2021/2022

 

 

Tes dereito á devolución do importe total aboado no caso de:

  • pola concesión da anulación total de oficio nos casos establecidos nas convocatorias de matrícula de grao e posgrao.

Tes dereito á devolución de parte do importe aboado no caso de:

  • anulación de matrícula presentada dentro do prazo establecido ao inicio do 1º cuadrimestre: devólvese o importe da tarxeta universitaria e o importe dos créditos matriculados.
  • anulación de matrícula de máster presentada dentro do prazo establecido ao inicio do 2º cuadrimestre devólvese o importe dos créditos do 2º cuadrimestre.
  • anulación de matrícula presentada fóra de prazo pero dentro do 1º cuadrimestre: só se che devolve o importe dos créditos do 2º cuadrimestre.
  • anulación de oficio, devólvese o importe da tarxeta universitaria e o importe dos créditos do 1º e 2º cuatrimestre.
  • modificación parcial da matrícula da que resulte un importe inferior ao aboado.
  • recoñecemento de créditos do que resulte un importe inferior ao aboado.
  • ter dereito a exención ou bonificación e ter aboada a matrícula.
  • ter unha bolsa concedida con matrícula gratuíta e ter aboada a matrícula.
  • obter Premio extraordinario de Fin de carreira, Grao ou Doutoramento dos outorgados polo Consello de Goberno da UVIGO, tes dereito á devolución do prezo aboado pola expedición do título.
  • detectarse erro na liquidación de prezos.

O procedemento de devolución iniciáse automáticamente en canto fas as modificacións na Automatrícula. No caso dos premios extraordinarios a devolución realízase de oficio pola Sección de Xestión de Prezos Públicos.

Se tes dereito a exención e pagaches a matrícula podes solicitar devolución ata o 31 de maio.

Tab 5 Content
Tab 5 Content

 

If you have any queries, you can contact us on +34 986 130 116 or by email at prezospublicos@uvigo.es

Caixa de Queixas, Suxestións e Parabéns (Complaints, Suggestions and Warnings Clearing House)

Study Aid Service, Grants and Public Funds