Campus Camp
This content is currently not available in English
Durante as vacacións de verán as cativas e cativos poderán gozar co programa Campus Camp
Para favorecer a conciliación da vida familiar e profesional dos membros da comunidade universitaria en época de vacacións escolares ao tempo que se achega a universidade aos máis pequenos, a Universidade de Vigo ofrece a actividade do “Campus Camp” para os campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Esta actividade está dirixida aos fillas e fillos dos membros da comunidade universitaria con idades comprendidas entre o 3 e os 16 anos durante os períodos non lectivos dos meses de xuño, xullo e setembro.
Obxectivos
- Relacionarse con nenos e nenas de idades similares, facilitándolle alternativas de ocio que posibiliten a convivencia e o desenvolvemento das relacións interpersoais.
- Aproveitar as particularidades da situación do campus para realizar actividades ao aire libre.
- Fomentar o coñecemento por parte dos menores do entorno universitario a través de actividades lúdico-formativas.
- Fomentar as actividades en grupo, mediante a colaboración e o traballo cooperativo.
- Iniciarse ou afondar na adquisición de habilidades específicas de diferentes deportes a través do xogo.
- Unificar as posibilidades que ofrece a universidade para conciliar a vida familiar e laboral en época de vacacións escolares.
- Crear un ambiente de distensión provocando a risa e a diversión.
Campus Camp 2024
Para máis información, podes contactar con:
Sección de Extensión Universitaria
extension@uvigo.gal
+34 986 813 626