STL Take off: xornada de recrutamento da sociedade téxtil Lonia STL
Queres incorporarte a unha das empresas máis estratéxicas do sector téxtil dedicada ao deseño, produción e venda de moda?
Sociedad Téxtil Lonia STL busca universitarios e universitarias que aporten talento, pasión, entrega e estean interesados en crecer e mellorar ao seu lado.
Para iso organiza unha xornada de recrutamento na que a partir de diferentes dinámicas individuais e grupais poderán valorar as posibles persoas candidatas co obxectivo de atraer o maior talento á súa empresa.
- 3 de marzo, de 9.00 a 14.00 h, na sala I do Edificio Miralles, campus de Vigo
- 10 de marzo, de 9.00 a 14.00 h, no salón de graos do Edificio de Ferro, campus de Ourense
Animámosvos a todos e todas a participar!
Información e inscrición aquí.