Clausura da exposición 'G-Book' cunha sesión de contacontos
Data de celebración:
1 of October of 2018From 13:00 to 14:00
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS and PDIOrganiza
Grupo de investigación Literatura Infantil Angloxermana e a súa Tradución and Isabel MociñoLugar
Biblioteca Central
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
Actuacións , Exposición and LecturasEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialSerá na Biblioteca Rosalía de Castrp
Durante este mes de setembro, o recuncho temático de fomento da lectura situado na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense acolleu unha mostra de libros infantís, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 10 anos, non estereotipados e non sexistas. A exposición é unha das actividades do proxecto europeo Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, no que participa a Universidade de Vigo. No acto de peche participarán responsables da exposición, persoal da Biblioteca Rosalía de Castro, representantes da Universidade de Vigo, alumnado do grao en Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación e nenas e nenos da escola infantil do campus. Durante a clausura procederase á lectura de tres dos contos que forman parte da selección de obras exposta, como son Caracol e caracola, Rosa Caramelo e Un máis.