Bolsas Formativas da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios
A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios convoca 14 bolsas formativas coa finalidade de adquirir capacidades e coñecementos relativos aos campos técnico-científico dos medicamentos de uso humano, veterinario e dos produtos sanitarios, xurídicos e normativos en materia farmacéutica e de administración, xestión de procedementos e contratación administrativa.
Ámbitos formativos
- 11 bolsas para as titulacións de Farmacia, de Medicina, de Química, de Bioquímica ou de Bioloxía
- 1 bolsa para as titulacións de Enxeñaría Biomédica, Industrial ou de Telecomunicación
- 2 bolsas para a titulación de Dereito
Poderán presentar a súa solicitude as persoas con título universitario de grao ou de licenciatura, que finalizasen os estudos dentro dos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.
Características das bolsas
- A duración das bolsas será de 4 anos
- A contía das bolsas será de 1686,33 euros mensuais
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de novembro de 2020.
Máis información aquí.