Oferta de emprego do ITMATI como investigador/a para o proxecto de investigación «Modelado e simulación dunha cidade intelixente»
Proxecto
«Modelado e simulación dunha cidade intelixente»
Referencia da oferta
CITMAga-OT-11/2021
Descrición do posto
Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), actualmente integrado, como oficina de transferencia dos resultados da investigación, no CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa de enxeñería.
Titulación requirida
Licenciatura, grao, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñería, a informática ou afíns.
Valoración de méritos
- Valorarase o grao de afinidade das titulacións da candidatura coa área de estatística.
- Experiencia previa en análise e programación de algoritmos de simulación.
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
- Coñecementos e experiencia previa en computación relacionada coa simulación de axentes, e simulación de procesos mediante ferramentas software. Valorarase experiencia cos software Pathfinder e/ou Anylogic ou similares.
- Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para o análise de aplicacións reais abordadas dende o enfoque da simulación de procesos.
Características do posto
- Retribución bruta mensual: 1.862,82 €-2.050,00 € en 12 pagas; en función dos méritos e experiencia da persoa seleccionada.
- Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
- Duración e data estimada fin de obra prevista: 12 meses dende o inicio da contratación. A contratación entrará en vigor sempre que a dispoñibilidade da actividade o permita.
- Xornada laboral: xornada completa.
- Lugar de traballo: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e Escola de Enxeñería Industrial (rúa do Conde de Torrecedeira, Vigo).
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de novembro de 2021.
Máis información aquí.