Prácticas de enxeñaría eléctrica na empresa Siemens en Santiago de Compostela
Proxecto
Siemens S.A. ofrece unha bolsa de prácticas dentro do programa START da Fundación Universidade-Empresa (FUE)
Perfís requeridos
Alumnado do Grao en Enxeñaría Eléctrica.
Valoración de requisitos e méritos
É necesario posuír nivel B2 de inglés.
Obxectivos da formación
- Axudar no soporte ao negocio de instalacións de media e baixa tensión.
- Aprender a elaboración de análise técnico-económico de instalación de media e baixa Tensión.
- Axudar na utilización de ferramentas de configuración de cadros eléctricos e solución de media tensión.
- Axudar na tradución de necesidades de distintos tipos de instalación a solucións de mercado.
- Recibir e atender consultas da clientela interna e externa.
Información e solicitudes
Xornada laboral: 5 horas diarias en xornada de mañá
Retribución bruta mensual: 550 €
Centro de prácticas: Santiago de Compostela
Máis información na seguinte ligazón.