Proceso selectivo en IMATI
Referencia da oferta: ITMATI-OT-01/2021
Descrición do posto
Un contrato por obra e servizo a xornada parcial como investigador/a para o proxecto de investigación “Deseño de metodoloxías para a implantación de tecnoloxías facilitadoras no sector pesqueiro” no marco do contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector pesqueiro.
Titulación requirida
Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, coa física, coa enxeñaría ou coa informática.
Méritos para valorar
- Grao de afinidade da formación e da titulación co ámbito da planificación estratéxica, da organización empresarial ou das tecnoloxías.
- Coñecementos de inglés.
- Imprescindible experiencia en proxectos de consultoría estratéxica e tecnolóxica e experiencia investigadora en ámbitos de estratexia empresarial, da cadea de subministro e da tecnoloxía.
Condicións da oferta
- Retribución mensual bruta de 923,10 € en 12 pagas.
- Incorporación inmediata.
- Data estimada de fin de obra: 30 de xullo de 2021.
- Xornada laboral: 18,75 horas semanais.
- Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, rúa Conde de Torrecedeira, Vigo.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de xaneiro de 2021.
Máis información aquí.