Inés Ortega Fernández
Profesor/a contratado/a de substitución
Department
Curriculum Vitae
Dende 2024 son Profesora Contratada Interina no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo. Dende 2022 son Responsable Técnica de Analítica de Datos e IA en Gradiant (Galician Research and Development Center in Advanced Telecommunications). Neste momento, son estudante de doutoramento na Universidade de Vigo, e teño un título de Mestrado en Ciberseguridade e o Grado en Enxeñaría Informática pola Universidade Carlos III de Madrid. As miñas principais actividades de investigación centránse no desenvolvemento de novas técnicas e algoritmos relacionados co análise de datos, especialmente en aprendizaxe automática para resolver problemas de ciberseguridade e privacidade, detección de anomalías, estatística computacional e Privacy Preservin AI. Antes de unirme a GRADIANT, traballei durante uns 2 anos no Centro de Desenvolvemento da Microsoft en Canadá como enxeñeira de software, desenvolvendo solucións para procesar de telemetría de Windows en tempo real, como parte do grupo de Enxeñaría de Datos Principais, e tamén como Asistente de Investigación na Universidade Carlos III de Madrid no Grupo Universitario de Tecnoloxías de Identificación.