11º Ciclo de Cine e Lingua: proxección de ‘F for Fake’
Data de celebración:
31 of October of 2019 at 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Extensión UniversitariaLugar
rúa Palma, 4
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialDirixida por Orson Welles
A programación cultural da Extensión Universitaria da UVigo para este cuadrimestre inclúe o Ciclo de Cine e Lingua, un evento que conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Esta décimo primeira edición céntrase na proxección de películas en VO en inglés con subtítulos en español.
O ciclo de cine en versión orixinal comeza este 31 de outubro cunha sesión especial coincidindo coa celebración de Halloween na que se proxectará a película F for Fake, unha obra pouco coñecida de Orson Welles que permitirá achegar ao espectador un pouco máis ao xenio de Citizen Kane.