Conversa sobre a xestión socioeconómica do cambio climático co catedrático Xavier Lavandeira
Data de celebración:
27 of June of 2019 at 20:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza da Estrela 1
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialOrganizada pola Unidade de Cultura Científica
O ciclo Conversas sobre o Cambio Climático da Universidade trasládase por primeira vez a Pontevedra, onde o catedrático de Economía da Universidade e investigador do grupo Rede Xavier Lavandeira protagonizará un coloquio sobre a xestión socioeconómica do cambio climático, no que estará acompañado pola xornalista de PontevedraViva Natalia Puga.
A actividade, que terá lugar na terraza do café-bar Carabela, forma parte dun ciclo de coloquios que ten como obxectivo analizar con carácter divulgativo as causas, efectos e implicacións do cambio climático. Promovido pola Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais en colaboración coa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e coa Vicerreitoría de Investigación, este ciclo enmárcase así mesmo no plan anual Unha Cuestión de Ciencia da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade.