II Xornada 'Control de xestión desde unha perspectiva de xénero'
Data de celebración:
28 of October of 2020 at 18:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Ernesto López-ValeirasLugar
Campus Universitario As Lagoas, S/N
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Reservation required.Modalidade
VirtualO evento desenvolverase en liña
A xornada Control de xestión desde unha perspectiva de xénero celebra a súa segunda edición de xeito on-line, adaptándose ás medidas de loita contra a covid-19, e abríndose á participación de alumnado de arredor de doce universidades españolas e iberoamericanas. A cita terá lugar o mércores 28 de outubro organizada nesta ocasión pola Universidade de Vigo e AICOGestión, asociación de carácter non lucrativo que persigue a promoción e difusión do coñecemento científico e profesional na área da contabilidade e o control de xestión e que pretende ser referente no seu eido de actuación en España, Portugal e América. Coordinada polo profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Ernesto López-Valeiras, a actividade conta ademais co patrocinio de Ecobas e a Unidade de Igualdade da UVigo.