Campus Camp

Durante as vacacións de verán as cativas e cativos poderán gozar co programa Campus Camp

Para favorecer a conciliación da vida familiar e profesional dos membros da comunidade universitaria en época de vacacións escolares ao tempo que se achega a universidade aos máis pequenos, a Universidade de Vigo ofrece a actividade do “Campus Camp” para os 3 campus (Ourense, Pontevedra e Vigo). 
Esta actividade está dirixida aos fillos e fillas dos membros da comunidade universitaria con idades comprendidas entre o 3 e os 15 anos durante os períodos non lectivos dos meses de xuño, xullo e setembro.


Obxectivos

  • Relacionarse con nenos e nenas de idades similares, facilitándolle alternativas de ocio que posibiliten a convivencia e o desenvolvemento das relacións interpersoais.
  • Aproveitar as particularidades da situación do campus para realizar actividades ao aire libre.
  • Fomentar o coñecemento por parte dos menores do entorno universitario a través de actividades lúdico-formativas.
  • Fomentar as actividades en grupo, mediante a colaboración e o traballo cooperativo.
  • Iniciarse ou afondar na adquisición de habilidades específicas de diferentes deportes a través do xogo.
  • Unificar as posibilidades que ofrece a universidade para conciliar a vida familiar e laboral en época de vacacións escolares.
  • Crear un ambiente de distensión fomentando a risa e a diversión.

 

Campus Camp 2022

 

Para máis información, podes contactar con: 

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 ​986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal